ACR Fervenza de Sargadelos organiza, en colaboración co Concello de Cervo e a Deputación Provincial de Lugo, un ano máis a tradicional Romaría de Sargadelos que se desenvolverá o venres 24 e o sábado 25 de xullo.
O vicepresidente da ACR Fervenza de Sargadelos, Ramiro Chaves, asegura que “seguimos na liña de ofertar amplas actividades tanto musicais, gastronómicas, como fomentar as tradicionais xantares de romería na distinguida área do conxunto histórico-artístico de Sargadelos”.
Programación:
VENRES 24
12.00 horas: lanzamento de bombas de palenque “COMEZA A ROMARÍA”
14.00 horas: sesión vermú coa orquesta EMPERADORES
15.00 horas: xantar de romería.
22.15 horas: VERBENA coa orquesta EMPERADORES e o Dúo AREAL.
03.00 horas: sesión Dj´s
SÁBADO 25, DÍA DE SANTIAGO APÓSTOL
12.00 horas: lanzamento de bombas de palenque
13.00 horas: misa solemne cantanda polo Coro Parroquial de Cervo.
13.30 horas: procesión a cargo do grupo de gaitas de Airiños do Xunco.
14.00 horas: sesión vermú a cargo da orquesta MONTREAL
15.00 horas: xantar de romería
20.00 horas: pancetada e chourizada
22.00 horas: VERBENA a cargo da orquesta MONTREAL e o Dúo KALIMA
00.00 horas: QUEIMADA POPULAR a cargo de Nando Blas (queimador maior de Galicia)
00.30 horas: continúa a VERBENA.
A acampada será gratuíta e as mesas do merendeiro poderán reservarse a través dos teléfono 620 145 038 ou 651 128 313.