Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo ‘Mércores de Natureza’ 2015 no Vicedo

o-vicedoA segunda actividade dos mércores de natureza que se organizan todos os veráns desde a Casa da Cultura do Vicedo celebrarase este mércores 15 de xullo. Neste caso, trátase dunha ruta de sendeirismo duns 10 km que percorrerá a costa máis oriental do Concello de O Vicedo. Para iso, comezarase ás 10.00 horas desde a praia de Abrela para percorrer o sendeiro azul Abrela-Punta Socastro, pasando polas praias de Porto de Val e Alecrín ata chegar á espectacular Punta Socastro, despois emprenderase o camiño de volta para incorporarse á Ruta do Cantábrico ata chegar á Praia de Areagrande, na parroquia de San Román. A actividade é gratuíta e o punto de encontro será a praia de Abrela.

Exit mobile version