Site icon Crónica3.com A Mariña

Sobresaínte actuación da sección de Ciclismo das ED Lourenzá en Betanzos

javier peixeLourenzá, 22 de xullo de 2015.- Gran día de btt para o ED Lourenza Ciclismo no desafio ruta da auga de Betanzos xa que os ciclistas laurentinos traerían dous trofeos para A Mariña, nesta ocasión ata Betanzos achegaríanse seis corredores do equipo, tres para facer o maratón de competición: Javier Peixe, Isabel Picoaga López e Javi Tarangu, e tres para a marcha cicloturista: Jorge Doural Gomez, José José Ramón Reges e Miguel Rubal Oubiña.

O primeiro en chegar no maratón sería Javier Peixe, que entraría no posto 7º da xeral e 1º master corenta conseguindo o primeiro trofeo do día, o seguinte en chegar foi Javi Tarangu, posto 43 na xeral e 6º promoción, e por último Isabel Picoaga López, que entraría no posto 56 da xeral e 1º féminas conseguindo o segundo trofeo.

Exit mobile version