Site icon Crónica3.com A Mariña

Terras de Lourenzá percorreron a Ruta das Fragas do Eume

SAMSUNG CAMERA PICTURESLourenzá, 14 de xullo de 2015.- Unha vintena de membros da Asociación “Terras de Lourenzá” realizaron este pasado sábado, 11 de xullo, a ruta que planificaron para este mes no que nos atopamos. Tratouse dunha ruta circular de 16 kms, que comezou no Centro de Interpretación das Fragas do Eume. Transcurriu por sendeiro ata o Mosteiro de Caaveiro, onde xantaron e tiveron oportunidade de realizar una visita guiada ao mesmo. Finalmente, retomaron a andaina, para facer o treito que os levaría novamente ata o punto de inicio.

Exit mobile version