Site icon Crónica3.com A Mariña

Tres alumnas do IES Perdouro de Burela reciben o Premio de excelencia da Universidade de Santiago de Compostela

IMG_9258Burela, 1 de xullo de 2015.- Tres alumnas do IES Perdouro recibiron o pasado martes, día 30 de xuño, un recoñecemento aos mellores estudantes de centros de ensino medio de Galicia por parte da Universidade de Santiago de Compostela nun acto que que se celebrou no Auditorio de Galicia en Santiago por ter superado a calificación de 9 na parte xeral das Probas de Acceso á Universiade.

O programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” organizou o Acto de recoñecemento aos mellores estudantes de centros de Ensino Medio de Galicia que acadaron a puntuación de nove ou superior como resultado da media ponderada do 60% da nota media do bacharelato e o 40% da cualificación da fase xeral das Probas de Acceso á Universidade (PAU) no presente ano.

3 ALUMNAS DE 2º DE BACHARELATO DO IES PERDOURO RECOÑECIDAS MELLORES EXPEDIENTES
Estela Fernández Cabana
Andrea Rega Villarejo
Cristina Cigarrán Díaz

Foron máis de 500 estudantes os que acadaron unha nota igual ou superior a 9 na PAU este ano.

Exit mobile version