Site icon Crónica3.com A Mariña

True Mountains e Ánima, os concertos de “Música na Rúa” deste venres en Viveiro

OLYMPUS DIGITAL CAMERAViveiro, 30 de xullo de 2015.- Este xoves ás 17:30 horas tivo lugar a presentación dos Concertos que se realizarán este venres en Viveiro dentro das actividades de “Música na Rua”, da man da Concelleira de Cultura e os representantes do Centro Comercial Histórico de Viveiro se dió a coñecer que deparará os concertos de mañá.

Serán a partir das 24 horas na Praciña da Herba, unha emblemática praza do Casco Histórico da cidade. Abrirá o concerto o grupo True Mountais, co seu punk Rock acústico e coa novidade duns temas en eléctrico. Seguiranos os coruñeses Ánima, grupo de calidade extrema que están a arrasar alá por onde van, e que compartiron escenario entre outros con bandas da talla de Madness.

Tanto dende a Concellaría de Cultura como da Asociación Centro Histórico, animan a todo o mundo a achegarse a Viveiro e gozar do que será o inicio dun mes de Agosto cargado de música e novidades, ao que se lle dará continuidade en Setembro con máis concertos enmarcados dentro do programa de Música na Rúa.

Exit mobile version