Site icon Crónica3.com A Mariña

Coa ruta do río Regueira, en Xove, finalizou o programa de roteiros de Alcoanos en Movemento e Pasada das Cabras

OLYMPUS DIGITAL CAMERA30 de xullo de 2015.- Voluntarios de Alcoa e sendeiristas de Pasada das Cabras puxeron fin ao programa de rutas deseñadas pola Asociación, coa realizacion da do río Regueira en Xove.

É unha ruta que transcorre polas marxes do río e nela pódense ver varios muíños, algúns deles perfectamente restaurados, como o da foto, propiedade da familia Abad de Xove. Ata o Santuario de San Antonio da Rigueira -remate da camiñada- existen media ducia de muíños e no total do río hai máis dunha vintena.

Como anécdota, a esta ruta uniuse un traballador da antiga Alcoa de Amorebieta e a súa familia que pasan as súas vacacións na zona.

Desde a organización destacan o perfecto estado de conservación da ruta, cousa que agradecen ao concello de Xove.

Como resumo deste plan de voluntariado, dentro do programa Alcoanos en Movemento, mobilizáronse mais de 130 persoas, cunha media de 44 camiñantes por ruta.

Exit mobile version