Site icon Crónica3.com A Mariña

Venancio López, fichaxe de luxo no Campus da Fonsagrada

08afonsagrada159 de xullo de 2015.- O I Campus Mixto de Fútbol Sala Base da Fonsagrada contará este venres, na súa cuarta xornada, cunha fichaxe de luxo. O seleccionador nacional, José Venancio López Hierro, visitará este venres os 40 alumnos/as que gozan do clínic dende o martes.

Baixo a organización do Concello coa coordinación da Fundación Imdecum e o secretario técnico do CD Burela FS Pescados Rubén, Juanma Marrube, os rapaces, de entre 5 e 17 nos, alternarán os adestramentos con torneos e outros deportes (futvoley, rugby, béisbol…), olimpíadas tradicionais e xogos, ademais de piscina e obradoiros, con convidados sorpresa.

Profesorado
O alumnado xa compartiu adestramentos e experiencias o mércores cos capitáns do CD Burela FS Pescados Rubén, Iago Míguez e Edu, xunto ao director da escola laranxa e preparador físico do equipo de Primeira LNFS, Alfonso Mera. Este xoves os nenos/s tamén tiveron a oportunidade de coñecer máis de preto o mundo da arbitraxe, da man do presidente do Comité Galego de Árbitros, Jacinto Artigas, e o colexiado da LNFS, Álvaro Cid Bragado.

Exit mobile version