Site icon Crónica3.com A Mariña

Volta a emigración nesta terra

Un nunca sabe cal é a súa misión na vida. Se cadra só chegamos aquí para coidar un gato ou regar uns xeranios, ou para educar nenos cos valores que poidan cambiar o mundo dentro duns anos. Suscitámonos soños case irrealizables, cumprimos horarios, aprobamos exames e pagamos impostos. Abituamonos a recóller os logros profesionais, pero case ninguén fala do que parece que non ten importancia, deses xestos cotiáns que ás veces son os que dan máis sentido á nosa existencia. Pero hoxe quero falar de outra cousa:

Houbo tempos pasados, non moi afastados que moitos dos nosos avós e país tiveron a necesidade de emigrar para poder sustentar ás familias, das que moitas quedaban na súa terra á espera dos acontecementos, cando o fame e a morte roldaba polas esquinas de calquera pobo ou cidade. Hai algún libro que fala dos desprazamentos en barcos en travesías eternas que partían cara a América. Xente que a vida e as circunstancias, incluído as guerras fíxoos duros, abnegados e que moitos deron a súa vida e o seu traballo para un mundo mellor para os seus fillos e netos. Pero a pesares de este sacrificio e cando houbo un momento en que empezamos a ser un país de acollida de estranxeiros que empezaron a ver as oportunidades que lles ofreciamos, estalaba unha crise que nos empezou a pasar factura, que incita a moitos mozos a facer as maletas do mesmo xeito que os nosos devanceiros. Coa diferenza que esta nova oleada vai ao ruído de cantos de serea para profesionais valorados, e que se levan o seu caudal de talento, fóra das nosas fronteiras, e que foron condenados a un paro silente. Sabia nova que necesitamos para o noso desenvolvemento económico e social de presente e futuro. Un investimento de esforzo e diñeiro tirado pola borda, posta no mercado estranxeiro que a recibe coas mans abertas. Poida que algúns volvan, !talves!, si lles ofrecémos a oportunidade de resarcirse e seguir construíndo o seu futuro no seu país. A nosa sociedade e en particular os nosos gobernantes non deberían volver permitir este agravio á nosa xeración de mozos máis formados de toda a nosa historia. Pola memoria dos nosos avós que foron pioneros dunha aventura imposta polos avatares da vida e do tempo que lles tocou vivir.

Otero Regal.

Exit mobile version