Site icon Crónica3.com A Mariña

Xoán Curiel en concerto en Barreiros co programa de dinamización lingüística FalaRedes

Barreiros, 14 de xullo de 2015. Os nenos e as nenas de Barreiros poderán gozar o próximo 17 de xullo xunto aos seus pais dun concerto de Xoán Curiel e a banda Son+d2 no que se mesturarán estilos coma blues, funk, rock ou bossa nova. O espectáculo que FalaRedes, o programa de dinamización lingüística que a Xunta de Galicia pon en marcha por cuarto ano nos concellos de Galicia, preséntase baixo o título Estamos no verán!!! e terá lugar ás 20.00 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme.

O concerto está dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos e, ademáis da variedade musical proposta conta con divertidas coreografías a cargo da bailarina Marta Alonso, unha combinación coa que se espera facer bailar a cativos e pais.

O programa FalaRedes pretende potenciar o uso do galego entre os máis novos, aumentar a súa valoración positiva e ofrecer alternativas de ocio en galego para as familias. Actualmente son 18 entidades da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta as que participan nesta experiencia ao longo de toda Galicia.

Exit mobile version