Site icon Crónica3.com A Mariña

Xoel García Neira, do Club Kayak de Foz, 6º na Final ‘A’ K1 do Campionato de España de Pista para Xoves Promesas

INFANTIL-A-K2Foz, 28 de xullo de 2015.- Este pasado fin de semana, o Club Kaiak de Foz desprazouse ao encoro de Trasona, (Asturias) para a disputa do Campionato de España de Pista para Xoves Promesas. O club participaba, nesta ocasión, con 4 barcos K1 e 4 barcos K2 coas seguintes tripulacións:

Home Infantil A K1: Xoel García Neira
Home Infantil B K1: Francisco Rubio Pacios
Muller Infantil B K1: Paola García Neira e Naila García Neira
Home Infantil B K2: Brais Martín Fraga / Pablo López Fernández
Muller Infantil B K2: Paola García / Naila García
Home Infantil A K2: Xoel García Neira / Francisco Rubio Pacios
Home Cadete K2: Juan Rivas / Noel García

Dende as 8:30 horas do sábado, as inmediacións do campo de regatas eran un fervedoiro de padexeiros, barcos, furgonetas, remolques,… O trasfego de padexeiros nos peiraos era constante xa que as saídas das contra o reloxo non deixaban tempo para o descanso nun afán, por parte dos xuíces, de cumprir co horario previsto.

Primeiras horas reservadas para as contra o reloxo clasificatorias
Das 27 prazas dispoñibles en cada semifinal, un número importante delas estaban xa ocupadas polos primeiros clasificados de cada categoría e disciplina na Copa de España celebrada en Zamora a principios do mes de xullo. Esta situación auguraba unhas contra o reloxo moi disputadas.

Home Infantil B K1
O primeiro en saír á auga foi Fran Rubio que buscaba unha das nove prazas libres para as semifinais de “home infantil B K1. Fran cumpriu coas previsións e clasificouse para as semifinais cun tempo de 04:47,20, o terceiro mellor crono de todas as series.

Xa en semifinais, Fran saíu na terceira serie rematando 7º cun crono de 04:41,909, tempo que o situou na Final ‘C,’. E na disputa da final ‘C’, Fran fixo unha moi boa regata entrando segundo parando o crono en 04:30,774 e mellorando o seu tempo en máis de 11 segundos.

Muller Infantil B K1
As seguintes en saír á auga foron Paola e Naila García. Había 14 prazas libres na semifinal “muller infantil B K1 e 24 padexeiros inscritos. Tras a disputa das series de contra o reloxo, Paola pasou o corte cun crono de 05:33,40, non así Naila García que cun crono de 05:45,51 quedou fóra das semifinais.

Tras o correspondente sorteo, Paola García correu na semifinal 3 pola rúa 9, rematando oitava cun crono de 05:19,638 que a relegaba á disputa da final ‘C’.

Tras darse a saída, Paola García -que remaba na rúa 3 – fixo unha gran regata na final ‘C’, rematando en primeira posición, parando o crono en 05:04,239.

Home Infantil A K1
Era a quenda de Xoel García. A súa sétima posición conseguida na Copa de España disputada en Zamora a principios de mes, garantíalle un posto nas semifinais. Tras o oportuno sorteo de rúas e orde de saída, Xoel quedou encadrado na semifinal 2, rúa 6. Xoel rematou a semifinal no terceiro posto, parando o crono en 04:10,577, o que lle deu paso a disputar a Final ‘A’ da categoría “home infantil A K1.

A final ‘A’ compoñíana os seguintes padexeiros:

rúa 1. – Abel García do CP SIRIO-Los Sauces
rúa 2. – Anxo González do Riberas do Tambre
rúa 3. – Gabriel M. Pachón do Riberas do Tambre
rúa 4. – Joan Gual do RCN Palma
rúa 5. – Adrián García da Escola Placentina
rúa 6. – Diego Infiesta do RGC Covadonga
rúa 7. – José Peral do CP LIPASAM
rúa 8. – Xoel García do Kayak de Foz
rúa 9. – José Antonio Rebollo do Círculo Mercantil de Sevilla

O mellor do piragüismo infantil nacional estaba representado nas nove rúas da final. Vellos amigos e coñecidos volvíanse encontrar, unha vez máis, para disputarse un novo título…

A regata respondeu ás expectativas creadas, sendo moi intensa e vibrante dende os primeiros metros… a igualdade foi máxima; só sete segundos separaron en meta o primeiro do último clasificado. Xoel, tras unha excelente regata rematou no sexto lugar a 4,08 segundos do vencedor. Este foi a orde de chegada:

1º.- Adrián García da Esoela Placentina, 4:00.957
2º.- Joan Gual do RCN Palma, 4:01.837
3º.- Gabriel M. Pachón do Riberas do Tambre, 4:01.954
4º.- José Antonio Rebollo do Círculo Mercantil de Sevilla, 4:02.178
5º.- Diego Infiesta do RGC Covadonga, 4:03.925
6º.- Xoel García do Kayak de Foz, 4:05.037
7º.- José Peral do CP LIPASAM, 4:05.930
8º.- Anxo González do Riberas do Tambre, 4:06.784
9º.- Abel García do CP SIRIO-Los Sauces, 4:08.744

Home Infantil A K2
A última hora da tarde do sábado estaba destinada ás contra o reloxo dos barcos de equipo. En xogo, a clasificación do K2 infantil ‘A’ do Kaiak de Foz formado por Xoel García e Fran Rubio. Só había 12 prazas libres das 27 posibles, así que a emoción, como non podía ser menos, estaba asegurada. Tras a disputa das distintas contra o reloxo, o tempo marcado polo K2 do Kaiak, 4:01.247, foi o mellor dos 27 barcos inscritos o que lles valeu unha praza na semifinal 1.

Tras a disputa da súa semifinal, o K2 de Xoel e Fran rematou na segunda posición cun crono de 4:00.304. Este resultado serviulles para entrar na final ‘A’. xunto ao K2 do Kaiak, na liña de saída, repetían tamén clubs ‘compañeiros de viaxe’ da final do K1, como o Lipasam sevillano, o Ribeiras do Tambre, o RGC Covadonga, etc… a lista de saída da Final ‘A’ foi a seguinte:

rúa 1. – Joaquín Iglesias / Gabriel Martínez, CP Verducido
rúa 2. – Xoel García / Fran Rubio, Club Kaiak de Foz
rúa 3. – Sergi Laball / Andreu Caixás, CN Bayoles
rúa 4. – José Peral / Alejandro Relinque, CP LIPASAM
rúa 5. – Nel Sánchez / Diego Infiesta, RGC Covadonga
rúa 6. – Manuel García / Manuel Ruiz, CN de Sevilla
rúa 7. – Javier Reina / Paolo Urdiroz, CN Pamplona
rúa 8. – Luis Vallejo / José Antonio Rebollo, CM de Sevilla
rúa 9. – Miguel Serrano / Marcos Estrada, CP Villaviciosa

A final foi moi disputada, coas rúas 1, 2, 4, 5 marcando o ritmo. Pouco a pouco as opcións de vitoria reducíronse ás rúas 1, 4 e 5, quedando descolgada da loita a rúa 6 do Kaiak de Foz. Tras finalizar a regata, o K2 de Xoel e Fran finalizou na sexta posición cun crono de 4:03.579, a 7.775 segundos do vencedor, o K2 do Real Grupo de Cultura de Covadonga. Este foi a orde de chegada:

1º.- Nel Sánchez / Diego Infiesta, RGC Covadonga, 3:55.804
2º.- Joaquín Iglesias / Gabriel Martínez, CP Verducido, 3:57.945 (+2.141)
3º.- José Peral / Alejandro Relinque, CP LIPASAM, 3:57.975 (+2.171)
4º.- Javier Reina / Paolo Urdiroz, CN Pamplona, 4:01.436 (+5.632)
5º.- Luis Vallejo / José Antonio Rebollo, CM de Sevilla, 4:02.396 (+6.592)
6º.- Xoel García / Fran Rubio, Club Kaiak de Foz, 4:03.579 (+7.775)
7º.- Manuel García / Manuel Ruiz, CN de Sevilla, 4:04.149 (+8.345)
8º.- Sergi Laball / Andreu Caixás, CN Bayoles, 4:08.416 (+12.612)
9º.- Miguel Serrano / Marcos Estrada, CP Villaviciosa, 4:11.324 (+15.520)

Home Cadete K2
A última regata do sábado era a contra o reloxo dos cadetes. En xogo 11 prazas libres para semifinais e 51 barcos inscritos. Non ía ser doado facerse cunha das prazas libres, non obstante, o K2 do Kaiak formado por Juan Rivas e Noel García saíron á auga a dalo todo.

A serie que lle tocou ao K2 do Kaiak foi a serie máis rápida, polo que a clasificación do barco do Kaiak era moi complicada. Tras a disputa de todas as contra o reloxo, o K2 do Kaiak finalizou cun crono de 4:10.757, quedando fóra dos postos que daban acceso ás semifinais.

Home Infantil B K2
A mañá do domingo foi a quenda para a semifinal “home infantil B K2. O Kaiak puxo na auga o K2 formado por Brais Martín e Pablo López. Sairían na segunda saída da contra o reloxo pola rúa 1.

Nesta categoría só había programadas semifinais e finais, xa que había menos de 27 barcos inscritos polo que non era necesario as contra o reloxo. Os postos 1 a 3 de cada semifinal pasaban á final ‘A’, os postos 4 a 6 á final ‘B’ e o resto quedaba eliminado.

Pablo e Brais dérono todo na auga no seu intento por conseguir unha praza para a final pero foi unha misión imposible. Os tempos que marcaba o K2 do Kaiak estaban cada vez máis lonxe dos de cabeza ata que ao final remataron na oitava posición da serie cun crono de 5:22.801, quedando eliminados.

Muller Infantil B K2
Era a última regata do Kaiak. O K2 de Naila García e Paola García estaba na auga para a disputa da semifinal. Ao igual que na regata do K2 infantil B, non era necesario a disputa das contra o reloxo debido ao número de barcos inscritos. Por iso, os postos 1 a 4 e o mellor 5º pasan á final ‘A’ e o resto queda eliminado.

Tiña que facer un crono inferior a 5:09.114 – o que fixo o K2 que ocupou o 5º posto na semifinal anterior -. Tras a disputa da semifinal, o K2 do Kaiak de Foz finalizou en quinto lugar cun crono de 5:21.164. Este tempo anulou todas as posibilidades de meterse na final da categoría.

Con esta regata, rematou a participación do Club Kaiak de Foz no Campionato de España de Pista para Mozos Promesas. Os dous sextos postos obtidos en K1 e en K2 fan que o balance do Club Kaiak de Foz sobre a súa participación sexa positivo.

O futuro do piragüismo pasa pola disputa destas competicións onde se pon en valor o traballo dos técnicos e de todas as persoas implicadas en potenciar este deporte dende a base, ao mesmo tempo que supón unha enriquecedora experiencia deportiva e de convivencia para os rapaces e rapazas participantes.

Exit mobile version