Site icon Crónica3.com A Mariña

Xogos tradicionais no Mercado dos Domingos

Os días 19 e 26 de xullo os alumnos do curso de dinamización, que colaboran coa Área de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, coa programación e desenvolvemento de accións culturais do CIFP Porta da Auga, organizarán xogos tradicionais no Mercado dos Domingos. Será a partir das 11.00 horas na praza de abastos e a participación é aberta. Os asistentes poderán xogar á mariola, á pita cega, botar unha partida ao tres en raia e ás chapas ou lembrar o xogo da rá, entre outros. A actividade está destinada a todos os públicos.

Exit mobile version