Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de portas abertas para despedir o deporte en Cangas

clausura-cangas1527 de xullo de 2015.- Con halos de converterse nunha das referencias estivais en Asturias, o Campus de Fútbol e Fútbol Sala Base de Cangas del Narcea despediu a súa segunda edición o sábado cunha xornada de portas abertas na que maiores e pequenos se divertiron co esférico nun torneo.

Medio centenar de alumnos/ás gozaron durante seis días e cinco noites da cita con deporte, contacto coa natureza, convivencia e moita diversión, baixo a coordinación da Fundación Imdecum e o secretario técnico do CD Burela FS Peixes Rubén, Juanma Marrube.

Os pequenos futbolistas compatibilizaron as sesións de adestramento con outros deportes, como futvoley, tiro con arco ou birlos, e actividades de ocio. Compartiron pista co xogador do CD Burela FS Peixes Rubén Hélder, que visitou o campus o martes en compañía do preparador físico Alfonso Mera. O Centro de Interpretación de Muniellos e a presa Prao del Molín foron algunhas das xoias naturais das que gozou o alumnado do clínic.

Na gala de clausura cada alumno/a recibiu un diploma acreditativo do Campus e o seu balón personalizado.

Exit mobile version