Site icon Crónica3.com A Mariña

Os nenos e nenas da ocioteca de Burela visitaron ó equipo de Daniel Ibañes

ocioteca-burelaBurela, 21 de agosto de 2015. O equipo de Daniel Ibañes (o Burela FS) recibiu este xoves a visita do alumnado do grupo de 8 a 12 anos da Ocioteca do Concello burelés, que levan organizando actividades ao longo de todo o verán.

Segundo explican desde Gaia “os xogadores compartiron algúns dos seus segredos sobre a pista cos nenos/as, que tamén quixeron poñer a proba a súa puntería. Os que máis sorte tiveron recibiron un balón de fútbol firmado por toda a plantilla”.

Desde a Concellería de Medio Ambiente e desde Gaia sinalan: “estamos orgullosos de ter uns equipos desta categoría e que, ante todo, sempre se prestan a colaborar nestas iniciativas cos máis pequenos. Grazas a estes profesionais dentro e fora da pista por colaborar con esta iniciativa. A ilusión e a vergoña dos nenos rómpese cando o equipo despois do adestramento se acerca a saudar aos nenos e ás nenas”.

Exit mobile version