Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Trabada reclama a recuperación dos servizos de Correos no municipio

Ante reiteradas queixas de veciñas e veciños de Trabada, pola calidade do servicio de Correos que se ven prestando, esta Alcaldía, en exercicio das competencias legalmente otorgadas polos artigos 21 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réximen xeral e artigo 62 da Ley 5/1997, de Administración Local de Galicia, entende necesario reclamar de novo á Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos a recuperación dos servizos existentes no Concello de Trabada anteriores ás medidas de recorte efectuadas nos anos 2013, 2014 e 2015.

Durante este anos estase levando a cabo un proceso de privatización dos servizos públicos, pero non se pode facer sempre a costa dos mesmos, que son os traballadores e os usuarios dos servicios públicos.

O Concello de Trabada asume o gasto do aluguer da oficina de Correos, o que supón un importe mensual de 253,47€, o que supón un importe anual de 3.041,64€ e a maiores tamén asumimos o coste da luz, que ascende a unha cantidade de 300€/anuais.

Polo tanto, non é razonable, que logo de asumir ese gasto, se limite o tempo de apertura da mesma durante media hora, así como que soamente unha persoa faga o reparto de correo, tendo en conta que a superficie do noso concello é de 82km² e que conta con núcleos de poboación moi dispersos.

No pleno ordinario do 21 de novembro do 2014, recolleuse o rogo a proposta do grupo municipal socialista, “Para que o alcalde de Trabada defenda e garanta os servicios públicos dos veciños no Concello de Trabada opoñéndose á situación imposta ós traballadores de Correos deste Concello.

Dende o 1 de Novembro do presente, suprimiuse unha praza no noso Concello e polo tanto é un posto de traballo menos, quedando reducido o servicio prestado prácticamente á metade, posto que aínda que quedan dúas prazas en Trabada, aumentouse a carga de traballo e un empregado ten que facerse cargo do reparto nunha parroquia no Concello de Lourenzá, en concreto, San Xorxe. Esta insuficiencia da plantilla está tendo un impacto moi negativo nas condicións de traballo do persoal fixo xa que están sendo cambiados constatemente de zona de reparto mermando así a súa capacidade productiva.

Por outra banda non se contrata persoal temporal para as sustitución de vacacións. Este é o comportamento da Dirección de Zona e da Xefatura Provincial.

En consecuencia, esta perda de emprego e de servicios públicos, tradúcese na imposibilidade de realizar o recorrido do reparto diario de correspondencia no noso Concello, sendo os máis prexudicados os veciños das parroquias e os distintos núcleos das zonas rurais.

Desta forma, incúmplese a Lei 43/2010 que regula o servizo postal universal, os dereitos dos usuarios e o mercado postal, que no seu artigo 24 “Condiciones de distribución y entrega de los envíos postales” recoñece que as entregas se practicarán, polo menos, tódolos días laborables, de luns a venres.

Polo exposto anteriormente, a xestión totalmente mercantilista de reparto que realiza a Dirección de Zona e a Xefatura Provincial sitúanos nun entorno que se pode calificar como abandono das obrigas públicas do operador postal en materia de reparto.

Denunciamos que o alcalde non se teña manifestado públicamente ante esta perda de servicios públicos que afecta a toda a veciñanza e que prediquen austeridade para recortar o público, mentras que dende o Concello todos contribuimos ao pago do aluguer da oficina de Correos. Sin embargo non defende os dereitos de tódolos veciños en xeral e dos traballadores, neste caso.

Lamentamos profundamente que a Dirección de Zona e a Xefatura Provincial, dende a súa condición de empregados públicos e xestores dunha empresa pública e rentable coa encomenda de prestar un servicio público universal, o postal, non contribúan á mellora do emprego pese a que é totalmente necesario para que Correos cumpla coa súa obriga social.
Dende o Grupo Municipal Socialista rogámoslle ó alcalde para que manifeste públicamente o apoio ós empregados de Correos do noso Concello opoñéndose á amortización de dita praza e medie para garantir os dereitos laboráis dos/as traballadores/as públicos/as xa que son necesarios para prestar un bo servizo ós veciños, o cal, se recoñece por lei.”

E polo anteriormente exposto, solicítase que se preste o servicio de atención na oficina de Correos de Trabada, como se viña prestando e asimismo, se proceda ó aumento de persoal para poder prestar un bo servizo ós veciños.

Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.

Exit mobile version