Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa da Cultura de Burela acollerá un concerto solidario co obxectivo de conseguir fondos para nen@s orf@s de Uganda

Concerto Solidario BurelaBurela, 4 de agosto de 2015.- O Concello de Burela colabora con Música para salvar vidas que o 12 de agosto traerá a Burela un concerto de Abataano, The Joy of Africa, en beneficio dos nenos e nenas orfos de Uganda. Nel participan a mezzosoprano Nabbaale Harriett, a contralto Nabulya Deborah, o barítono Kimeze Joshua, os baixos Kamogga Morris e Mayanja Louis e o director Ssentenza Derrick. Será no Auditorio da Casa da Cultura ás 21 horas.

Trátase dun proxecto de axuda a cativos para aprender e medrar a través da música e da danza coa fin de atopar un futuro no seu propio país.

A entrada é libre e gratuíta.

O evento está organizado por Música para salvar vidas e conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Xuventude.

Exit mobile version