Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación colabora co I Torneo benéfico a prol de AFALU

Lugo, 31 de agosto de 2015.- A vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Mari Teijeiro, e o deputado delegado de deportes, José Manuel Yanes Ginzo, presentaron este luns a primeira edición do torneo Deputación de Lugo a prol da Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Lugo (AFALU); unha actividade que se organiza logo da xuntanza mantida entre Mari Teijeiro e a asociación para recadar fondos económicos para dita Entidade.

Durante a presentación do torneo, que terá lugar a terceira fin de semana de setembro (os días 18, 19 e 20) nas pistas de Padel do Polígono de O Ceao, Teijeiro recalcou o compromiso da Deputación de incrementar as axudas e apoio ás asociacións sociais da provincia e manifestou que con esa meta traballa o Partido Popular desde que chegou ao Goberno Provincial.

Resaltou a vicepresidenta segunda o traballo das entidades sociais, ás que definiu como un dos piares básicos do benestar e puxo en valor o seu traballo nos 365 días do ano para cubrir as necesidades específicas das persoas que forman parte dos seus colectivos.

“As entidades sociais sodes unha ferramenta fundamental para a sociedade cunha labor impagable, posto que chegades onde as Administracións moitas veces non somos capaces”, manifestou.

COLABORACIÓN CON MÁIS ASOCIACIÓNS
Nesta liña de colaboración coas entidades, a vicepresidenta segunda lembrou que o Ente Provincial xa o fai con outras na organización destes torneos co principal fin de recadar fondos económicos. Citou, por exemplo, o de UNICEF do que dixo que xa vai pola quinta edición e ten unha participación de 260 participantes. Resaltou que a recadación do torneo no último ano foi de case 3.000 euros.

INFORMACIÓN TORNEO
Mañá ábrese o período de inscricións e finaliza o 13 de setembro. O prezo por xogador é de 20 euros, e de 28 euros se se xoga tamén mixto. Os premios están doados por empresas colaboradoras.

Exit mobile version