O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, amosouse satisfeito da participación na regata e explicou que “foi moi laboriosa porque ao principio o vento estaba consolidado, pero despois as condicións cambiaron, porque o vento baixou e a marea estaba subindo, o que obrigou aos patróns a ter un coidado extremo e a facer un traballo importante”.
O programa da 25ª Semana Náutica Ría de Ribadeo continúa ás cinco da tarde deste venres co XVI trofeo Abanca de vela latina tradicional. Mañá, sábado, día 8, os actos empezarán ás 10 da mañá co campionato infantil de pesca V trofeo Real Club Náutico de Ribadeo. Ás 11 terá lugar o trofeo Seat-Talleres Armando das escolas de verán de vela lixeira e ás 17 horas celebrarase o XVII trofeo Paradores de vela tradicional. O domingo, día 9, haberá dúas probas, ambas as dúas na súa XVII edición: o trofeo escola municipal de vela lixeira e o trofeo Deputación de Lugo de vela tradicional.
As actividades da Semana Náutica Ribadeo de Ribadeo continuarán con máis regatas, unha zalea ao muíño das Aceas e outras actividades ata o día 15, cando rematarán coa entrega de trofeos.