Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola de Música de Foz pide maior apoio do Concello

Sempre se dixo que Foz non é un pobo con tradición musical, que máis alá dos cantos dos mariñeiros no porto e nas tabernas, apenas se desenvolveu na nosa vila, a diferencia doutras da contorna, algunha manifestación musical. E así era ata hai uns anos. Dun tempo a esta parte algúns colectivos como o Feitizo, a Subela, ou a Coral Polifónica de Foz viñeron a poñer a música, o baile e o canto no sentir da vila e, o que mudou radicalmente esta situación sen dúbida algunha, foi a posta en marcha da Escola de Música de Foz, da que o ano pasado se cumpliron 25 anos. Todas as focegas e focegos sabemos que foi nomeadamente o traballo, amor e paixón de Arcadio Mon, xunto o de todos quenes traballaron e colaboraron con él estes anos, os que fixeron posible este pequeno-gran milagre. Nas audicións deste fin de curso e nos concertos que a banda e as corais da Escola de Música deron ao longo do mesmo, poidemos constatar e disfrutar cántas das nosas nenas e dos nosos nenos, rapazas e rapaces gozan neste momento dunha educación musical e saben tocar algún instrumento grazas a este traballo.

Este ano pasado xubilábase Arcadio e a dirección da Escola de Música pasou a Felipe Sánchez, profesor da escola e director dos dous coros –infantil e xuvenil- que ésta ten en marcha. Os pais e nais que temos aos nosos fillos aprendendo música, sabemos da dedicación, profesionalidade e traballo deste home que está entregado á música e á súa enseñanza.
A Escola de Música de Foz entra nunha nova etapa, e para ela ten novas e moi ilusionantes propostas o seu equipo directivo e de profesores o que sin duda lle dará un forte pulo e a situará ao nivel que os cativos e o pobo de Foz merece. Ahora ben, para que esto sexa realidade non é suficiente có traballo moitas veces non recoñecido, nin valorado, nin pagado dos profesionais senón que é necesario tamén o apoio firme, claro e sostido das insitucións municipais e da sociedade de Foz.

Por eso, as nais e pais da Escola de Música de Foz pedimos á nova corporación municipal que ven de ser elexida nas urnas, que día un paso adiante claro e firme no apoio da Escola de Música; pedimos que ésta deixe de ser un apartadiño do seu programa e pase a constituír un píar fundamental da área de cultura do concello; que haxa un apoio económico que lle permita saír da provisionalidade e fraxilidade para constituírse nun apartado orzamentario acorde coa función que está a desenvolver na nosa vila. Pedimos en fin, sensibilidade cara ao traballo e función social que a Escola de Música está desenvolvendo e actuacións claras respecto á mesma. O PP goberna Foz en minoría, polo tanto todos os grupos políticos que agora mesmo están representados no concello de Foz, teñen responsabilidade en que isto sexa así e a todos eles vai dirixido este escrito. A Escola de Música é municipal, é dicir, depende do Concello, e sen ese apoio firme que sí teñen as Escolas de Música municipais noutros concellos da Mariña, o seu futuro é totalmente incerto.

Doutra banda, tamén pedimos á sociedade focega en xeral que sinta como súa esta institución e que, dun xeito ou outro, llo faga saber aos nosos representantes políticos. Que a Escola de Música é importante para Foz é un dato evidente, non hai máis que ver a asistencia aos concertos que se organizan ao longo do curso para constatalo, agora fáltanos dar un paso máis e facer que esta realidade entre na “axenda política” do Concello. Contamos coa vosa colaboración.

Asociación de nais, pais e alumn@s maiores da Escola de Música de Foz

Exit mobile version