Site icon Crónica3.com A Mariña

A novela “Ave María” do escritor Jose Díaz ponse este venres en primicia á venda na libraría Nobel de Burela

Jose DiazBurela, 28 de agosto de 2015.- A novela Ave María, do escritor asturiano afincado en Burela Jose Díaz, porase á venda en primicia só este venres na libraría Espazo Lector Nobel de Burela, a partir das 18:00 horas. Será un adianto á distribución do libro a nivel estatal que terá lugar a vindeira semana.

Ave María tamén estará dispoñible este fin de semana na I Feira do Libro de Burela, nos stands das librarías Nobel (Burela) e Quijote (Navia). Durante estes días, ademáis, o libro poderase adquirir cun 5% de desconto sobre o seu prezo oficial de venda.

A inminente saída da novela de Jose Díaz, autor tamén do celebrado libro de relatos Sesentaynueve que vén de ser recentemente reeditado, está a levantar grande expectación na zona da Mariña, en parte por tratarse dun thriller con toques traxicómicos ambientado na localidade burelesa.

Exit mobile version