“No ximnasio Breogán probaron a cinta, as bicicletas estáticas, as pesas e, para rematar, practicaron kick boxing, un deporte de contacto no que se mestura o boxeo coas artes marciais como o karate”, explican as monitoras do Centro de Educación Ambiental Gaia, dependente da Concellería de Medio Ambiente.
As monitoras agradecen ao ximnasio a súa boa disposición para poder levar a cabo a actividade: grazas á dirección do ximnasio Breogán por recibirnos, especialmente a Lorena pola súa dedicación e amabilidade á hora de explicarnos o funcionamento de cada aparato que posteriormente puxemos en práctica”.