Sobre o acontecido no IV Trofeo Semana Náutica de cruceiro local, o presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, explicou que “houbo que anular a competición, porque unha vez virada a primeira boia exterior da ría xa non se puido completar a segunda volta, ao caer completamente o vento e facer imposible o avance das embarcacións para tomar a boia colocada no Cargadero, dada a forte corrente en contra da marea. Os patróns, ante a imposibilidade de facer o remonte, tomaron a decisión de ir abandonando paulatinamente a competición”.
Os actos da 25ª Semana Náutica Ría de Ribadeo concluirán este sábado ás oito da tarde coa entrega de trofeos de todas as competicións celebradas dende o pasado día 6.