As Xornadas “Memoria dun tempo” que organiza a asociación Nordés, na súa quinta edición, darán comezo este xoves 20 de agosto ás 20.30 horas no Barqueiro (Mañón).
As devanditas xornadas están adicadas á recuperación da memoria histórica, concepto ó que Nordés dalle un sentido máis amplo do habitual ó incluír nos programas das xornadas non so temas relacionados coa guerra civil e a represión franquista, senón tamén, por exemplo, feitos ocurridos nos grandes conflictos bélicos do século pasado e que tiveron como protagonistas a galegos e galegas ou como esceario Galicia.
Deste xeito, e co gallo dos 70 anos do fin da II GM, as xornadas dedican a súa sesión inaugural á lembranza das vivenzas de homes e mulleres do Ortegal e bisbarras veciñas pola Europa en guerra.
Eliseo Fernández, historiador ferrolán, un dos fixos nas xornadas dende case o seu inicio, será o relator que evoque historias coma a de “Cariño” López, que participou na liberación de París formando parte das tropas aliadas, ou as diferentes sortes dos que pasaron polos campos nazis de Mauthausen e Gusen, sin esquecer a quenes tamén padecerían o seu nos da Unión Soviética.
“Co convencemento de que a conferencia de Eliseo Fernández será do seu agrado, é que xerará preguntas e debate entre relator e público, é que vimos a insistir en que non deixen de asistir a esta primeira sesión das V Xornadas Memoria dun tempo”.