Site icon Crónica3.com A Mariña

“A Verdina” e “A Galaica” protagonizan a VI Val das Fabas 2015 en Lourenzá

SAÍDA VAL DAS FABAS 2014Lourenzá, 13 de agosto de 2015.- Faltan 54 días para que volva a ver a luz unha das carreiras con máis sabor popular de Galicia, formando parte do programa da tradicional Festa da Faba. Será o 3 de Outubro de 2015, sábado. Ás 16:30 arrancará a proba para categorías menores e ás 17:30 fará o propio na Carreira Verdina e na Carreira Galaica: “Dous desafíos nunha carreira”.

Ésta é a principal novidade coa que se presenta esta edición, a sexta xa da Popular Val das Fabas 2015. Todos o atletas participantes na categoría absoluta poderán escoller se participan na Carreira Verdina (7 kms) ou na Carreira Galaica(14 kms.) A Verdina consta de 1 volta e a Galaica de 2 voltas ó circuito Val das Fabas.

Ademáis haberá premios con trofeos inéditos, camisetas de regalo, medallas para todos os nenos participantes, e moitas máis sorpresas que se irán presentando nos vindeiros días.

Championchipnorte será un ano máis a crono oficial da carreira. En breve se abrirán as inscripcións.

Exit mobile version