Site icon Crónica3.com A Mariña

A XIX Feira do Libro de Viveiro será inaugurada este xoves 13 de agosto

Os Xardíns de Noriega Varela de Viveiro acollen este xoves 13 de agosto ás 19.30 horas a inauguración da XIX Feira do Libro de Viveiro organizada pola Federación de Libreiros de Galicia.

Como é habitual o acto iniciarase no concello vello dende onde partirá ás 19.00 horas cara aos Xardíns de Noriega Varela. No acto intervirán María del Carmen Lage representante da Federación de Libreiros, Mariña Gueimundez Xefa de Servizo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Lugo, María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro.

Contarase coa participación de Ledicia Costas como pregoeira e de Ana Gabriela Chaves que ofrecerá o pregón xuvenil.

Exit mobile version