Site icon Crónica3.com A Mariña

A XXX edición da Semana do Teatro do Valadouro comeza o luns 31 de agosto

SEMANA DO TEATRO VALADOUROO Valadouro, 29 de agosto de 2015.- O Valadouro comeza este luns, 31 de agosto, a súa tradicional cita co teatro na semana previa ás Festas do Oito. Organizadas pola Concellaría de Cultura de O Valadouro. Este ano chégase á 30ª edición reunindo a cinco grupos de teatro afeccionado, todos procedentes da Mariña menos ún. Todos os espectáculos serán gratuítos e celebraranse ás 22 horas no salón de actos do centro socio-cultural Manuel Lourenzo, en Ferreira. A Semana do Teatro comeza o luns 31 coa representación de Os trillizos de Socorro, a cargo de Faro-Miño, de Chantada. O día seguinte, 1 de setembro, é a quenda de Igualdade Virtual, que levará a escena o grupo O Batán, de Cangas de Foz. O día 2, A Adala de Fazouro representa Unha morta… moi viva e o día 3 Axóuxeres de Vilaronte fai o propio con As farturas de Servando. O grupo O Bordelo de Cervo pecha o ciclo coa obra O reparto o día 4. Esa mesma xornada, tamén no centro sociocultural e xusto antes da actuación de O Bordelo, lerá o pregón das Festas do Oito Ramón Gasalla, practicante durante décadas no Valadouro.

Exit mobile version