Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberta a preinscrición da Escola Municipal de Música de Xove

Dende o martes 1 de setembro e ata o mércores 30, ámbolos dous días incluídos, estará aberta nas oficinas do Concello o prazo de preinscrición para o curso 2015-2016 da Escola Municipal de Música de Xove.

Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas para formalizar a súa preinscrición a través dunha ficha debidamente cumprimentada.

A primeira semana de outubro fárase público no tablón de anuncios do Concello o listado de novos admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.015/16.

Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a FORMALIZAR A SÚA MATRÍCULA deberá entregar no Rexistro Municipal o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 € en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26- 0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Pastor ANTES DO 15 DE OUTUBRO de 2015. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a.

A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.

Exit mobile version