Unha proposta de traballo corporal cun obxectivo claro: aportar sensación de benestar e aliviar dores articulares e musculares para mulleres.
Así nacía o Taller de Harmonización Corporal en Ribadeo que tivo moi boa acollida na primeira edición. Así, a concelleira de Igualdad de Ribadeo, Marilúz Álvarez Lastra, informa da apertura do prazo de preinscripción para una nova edición. Nesta ocasión, os talleres desenvolveranse dende o 14 de setembro ata 18 de decembro de 2015.
A Concelleira lembra que nesta segunda edición ofertase a posibilidade de facer grupos de un máximo de 10 persoas, en turnos de mañá ou de tarde. A sesión terá una duración aproximada de una hora, e o horario dentro do que se poderá elexir é: luns e xoves, de 10.00 a 11.00 horas ou de 11.00 a 12.00 horas, para aquelas que só teñan disponibles polas mañás; martes de 17.30 horas a 18.30 horas ou de 18.30 horas a 19.30 horas; e xoves, de 18.00 horas a 19.00 horas ou de 19.00 horas a 20.00 horas.
Ademais, agora as mulleres usuarias terán a opción de elixir se queren asistir a unha ou dúas sesións por semana. A concelleira de Igualdade, dado o interese social acadado na anterior edición informa que o Concello de Ribadeo subvenciona parcialmente o custe desta actividade, para que poida chegar ao maior número de veciñas. No caso de acudir una hora á semana o custe mensual será para a usuaria de 5 euros, e si quixese vir dúas horas á semana o custe sería de 10 euros.
As interesadas poden preinscribirse nas oficinas do Centro de Información a Muller sita no Auditorio Hernán Naval, en horario de 09.00 a 14.00 horas ou no teléfono 982 120 739 ata o luns 21 de agosto.