Site icon Crónica3.com A Mariña

Ainara Rodríguez e Aleix Díaz impoñen a súa lei na Figueras Solidario

ainara-aleixParte da armada da sección de atletismo das ED Maderas Barcia Lourenzá desprazábase ó Cross Figueras Solidario de Castropol onde Ainara Rguez. e Aleix Díaz se facían co título na categoría infantil.

Ademáis, Iria Rguez. lograba o subcampionato na categoría Benxamín Feminino.

Nesta proba de categorías menores participaron ademais Nicolás Álvarez, Brais Díaz, Valeria Álvarez, Xabi Sordo e Claudia Graña. Tamén correron numerosos atletas adultos do Atletismo Lourenzá que colaboraron así co seu sacrificio e o seu tempo nunha causa solidaria como é a loita contra o cancro.

Exit mobile version