“Estou moi contento co recibimento, as primeiras sensacións son boas, xa tiven a oportunidade de coñecer os meus compañeiros; hai un gran grupo e con bo ambiente, que é o importante. Chego a un club serio e comprometido; o pobo está moi involucrado co equipo e iso axuda moito para consolidar e manter un bo proxecto” apreciaba Álex, ilusionado e animado con con toda unha pretempada por diante. “A partir de agora toca traballar e loitar polos máximos obxectivos posibles. Todos os títulos son obxectivo, play off, Copa de España, Copa do Rei, Copa Xunta…, sendo loxicamente realistas coas posibilidades do club e do equipo” puntualizaba o novo 13 laranxa.