Site icon Crónica3.com A Mariña

Altair Galiza impartirá en setembro un curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre en Santiago de Compostela

CURSO MONITORXS SETEMBRO conxunto (1)8 de agosto de 2015.- A ETL Altair Galiza impartirá o próximo mes de Setembro un curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre en Santiago de Compostela (Titulación oficial homologada pola Xunta de Galicia).

Días en que se imparte docencia:

Do 1 de Setembro ao 13 de Setembro, non tendo aulas a mañá do 11 e a tarde do 13 de Setembro e entre o 10, 11 e 12 de outubro (non tendo aulas a tarde do 12 de outubro), 150 horas

E a escoller entre:

a) Do 2 ao 4 de Outubro (acampamento de outono de Altair) e do 16 ao 18 de outubro, 50 horas

ou
b) Do 19 ao 23 de decembro (acampamento de inverno de Altair), 50 horas

O horario previsto para a formación será de 9 a 14 e de 15:30 a 20:30 horas.

Haberá dous prezos:

-195 € (para os inscritos até o 15 de agosto)
-225 € (para os inscritos entre o 16 de agosto e o 29 de agosto)

A data límite para inscribirse será o 29 de Agosto.

O curso inclue: seguro de responsabilidade civil, material e actividades e aloxamento para persoas de fóra de Santiago de Compostela en rexime de acantonamento ou campamento, desprazamentos e manutención nos campamentos..

A asociación ofrece facilidades de pago e un completo e diverso programa de prácticas adaptado ás necesidades do alumnado.

Mais información e inscricións:
https://etlaltairgaliza.wordpress.com/
685325153″

Exit mobile version