Site icon Crónica3.com A Mariña

Amigables, encontro para tódalas categorías e obras no Martínez Otero

O C.D.Foz continúa o seu curso deportivo, sen présas pero sen pausas. Segundo o seu presidente, Pepe Rivera, “de momento no plano deportivo imos acertando na preparación do equipo para a competición. Así, nos tres partidos de pre-temporada lograron vencer ante o Tapia, Lorenzana e Candelaria; aínda que restando importancia ós resultados porque o importante é poñer o equipo a punto para o inicio da temporada o domingo 6 de setembro contra a S.D. Mindoniense”.

O club está a preparar varias iniciativas como un gran encontro para todas as categorías coa celebración dunha merenda-cena, preparada pola propia directiva, no Martínez Otero para dar o pistoletazo de saída dos equipos nas distintas categorías. E, por outro lado, tamén traballan nos partidos amigables pendentes que serán contra o Real Navia e o Arenas de Vega de Ponferrada.

A directiva porase mans á obra para mellorar o Martínez Otero. O presidente asegura que “non podemos esperar pola axuda do Concello para facer estes traballos, pois segundo nos comunicaron están enfrascados na temporada estival e faltan efectivos”. Por iso, “pedimos a colaboración de persoas que de maneira altruísta traballan en varias frontes. Primeiro, en temas de albanelería e de pintura, os traballos comezarán este venres e, o sábado continúan coa pintura nas gradas”. Nese sentido, dende o club “queremos agradecer ós donantes do material, así como ás persoas que van a traballar”. Igualmente, “o propio presidente e os membros da directiva tamén vestirán a funda para axudar no que sexa preciso porque queremos facer do noso club un lugar de encontro e de participación entre os nosos afeccionados”.

Campaña de soci@s
As persoas interesadas en facerse soci@s do club poden poñerse en contacto coa directiva. “Debemos arrimar o ombro, na medida do posible, para seguir apostando polo noso Club Deportivo Foz”, concluíu o presidente.

Exit mobile version