
Foz, 6 de agosto de 2015.- A Asociación Amigos das Viaxes de Foz prepara para os días 2, 3, 4, 5 e 6 de setembro unha excursión a Castellón, pasando por Zaragoza, Morella, Peñíscola e Benicàssim. O prezo será de 270 euros, incluíndo: Aloxamento en hotel de 3* en Zaragoza, aloxamento en hotel de 4* en Oropesa del Mar, pensión completa e a propia viaxe. As prazas están limitadas a 55, e para apuntarse pode facerse no teléfono habitual: 609 822 649 (Jaime Cancio).