“Atopeime cun grupo xenial; o recibimento foi moi acolledor, cun excelente trato no Mesón O Poeta” valoraba así Andrea as súas primeiras impresións no seu novo equipo, facendo referencia tamén ás súas inquedanzas deportivas para o novo exercicio, nunha posición sempre moi rifada: “Creo na competencia sa. Veño aprender e a loitar polo ben do grupo. Aspiro a todo co Burela FS; teremos a Supercopa como primeiro reto, competiremos pola liga e teño moitas ganas de vivir a miña primeira experiencia na Copa de España”, repasaba a gardameta, encomiando ademais a resposta da bancada laranxa: “Vin xogar a Vista Alegre tres veces como rival; desde o primeiro partido vin o encanto da afección. Como a de Roldán, é unha afección moi próxima, un grande apoio para que os obxectivos se sintan máis preto”.