Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprazada a representación en Burela do musical “Peter Pan y el libro mágico” por motivos alleos á vontade do Concello

PeterPan1Burela, 26 de agosto de 2015.- A Delegación de Cultura do Concello de Burela vese na obriga de aprazar a representación do musical “Peter Pan y el libro mágico”, prevista para o sábado 29 ás 21:00 horas na Casa da Cultura, por motivos de saúde de varios dos compoñentes da compañía teatral que o escenifica, que lles impiden o desprazamento nesa data á localidade mariñá.

Desde a Concellería de Cultura piden desculpas polas molestias que isto puidese ocasionar, e comunican que a representación terá lugar nunha vindeira data. As persoas que xa comprasen a entrada para o espectáculo poden optar por conservala, xa que seguirá sendo válida para a nova data, ou pola devolución do importe da mesma no punto de venda onde a adquiriron. Ademáis, a Delegación de Cultura está tratando de organizar contra-reloxo unha actividade no auditorio da Casa da Cultura que substitúa ao musical na data que vén de quedar vacante.

Exit mobile version