Site icon Crónica3.com A Mariña

Bidueiros vence no XXV Trofeo Concello de Ribadeo de vela tradicional

Ribadeo, 11 de agosto de 2015. A embarcación ribadense Bidueiros foi a vencedora no XXV Trofeo Concello de Ribadeo de vela tradicional, regata da Semana Náutica que se celebrou este luns. A proba contou con 8 participantes de Ribadeo, Figueras e Castropol e o percorrido tivo que acurtarse por falta de vento.

O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, explicou que “hemos tenido que acortar la regata por falta de viento y hacer solamente una de las dos vueltas previstas al circuito, si bien y pese a ser un poco más corta no ha dejado de tener su interés por la dificultad que entrañaba al estar bajando la marea en el momento de virar la boya que encaraba la línea de meta y el poco viento reinante en esos momentos”.

As regatas da 25ª Semana Náutica Ría de Ribadeo continúan este martes, ás 17.00 horas co V Trofeo Abanca de cruceiro local; e para este mércores, día 12, está programado o IV Trofeo Semana Náutica de cruceiro local. Ademais, o xoves 13 a partir das 14.00 horas celebrarase unha zalea ata o muíño de As Aceas e os actos concluirán o sábado 15 ás 20.00 horas coa entrega de trofeos.

Exit mobile version