Durante a presentación, a alcaldesa puxo de relevo a transcendencia deste evento. “Cada ano aumenta o número de visitantes de comunidades veciñas, fomentando o turismo de proximidade”, polo que cualifica de “moi importante empregar a plataforma que ofrece a Feira Internacional de Mostras para dar a coñecer o noso Mercado Medieval”.
A rexedora destacou o incremento de actividades e de postos de artesáns cos que contará o Mercado Medieval este ano respecto a anteriores edicións. “Sesenta postos de nova incorporación e un total de 200 participantes dan conta do interese deste evento, que transforma Mondoñedo nunha cidade do medievo durante tres días”.
Polo tanto, Elena Candia está a realizar unha campaña de promoción estratéxica co obxecto de que Mondoñedo ocupe o lugar que lle corresponde a nivel histórico e artístico; ademais de traballar no impulso da declaración do Mercado Medieval de Mondoñedo como Festa de Interese Turístico Galego.