Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia solicita financiamento ao Goberno central para a rehabilitación da rúa Lence Santar

Mondoñedo, 31 de agosto de 2015.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, solicitou ao Goberno central financiamento para realizar actuacións de mellora na rúa Lence Santar, no casco histórico da localidade.

En concreto, a alcaldesa tramitou a petición a través dos deputados nacionais por Lugo, que rexistraron unha emenda aos orzamentos de 2016, a través da que se solicitan que se concrete nunha partida orzamentaria o compromiso de iniciar estas actuacións.

A emenda rexistrada polo Grupo Parlamentario do Partido Popular no Congreso dos Deputados inclúe a petición dun importe total de 200.000 euros da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo, que permitirían iniciar os trámites de cara a realizar as obras necesarias nesta rúa.

A alcaldesa explicou que esta emenda se debaterá a próxima semana no transcurso do debate en Comisión de emendas aos orzamentos. Candia quixo agradecer a dispoñibilidade e o traballo dos deputados nacionais para canalizar esta petición, que responde a unha demanda e a unha necesidade dos veciños.

Exit mobile version