Site icon Crónica3.com A Mariña

CIG Saúde A Mariña denuncia as deficiencias na estrutura do Hospital da Costa

obras-hospitalCIG Saúde A Mariña denuncia as deficiencias na estrutura do Hospital da Costa, por falta de mantemento e investimento nun centro sanitario con 30 anos de vida, o que provocou o desprendemento de cascotes na fachada sobre as beirarrúas de acceso ao centro.

“Afortunadamente non houbo que lamentar danos materiais nin persoais e a Xerencia viuse obrigada a valar a zona afectada”, afirman.

FALTA DE MANTEMENTO
A central nacionalista responsabiliza desta situación ás políticas sanitarios de recortes do Partido Popular, ao desmantelamento dos servizos públicos de mantemento dos centros hospitalarios e á falta de compromiso real de Núñez Feijóo coa sanidade da Mariña.

AMPLIACIÓN E REFORMA INTEGRAL
Dende CIG Saúde A Mariña esixen ao SERGAS e ao PP que deixen de facer anuncios a golpe de contenda electoral, que asumen os seus compromisos coa Mariña e que cumpran o tantas veces prometido, unha ampliación real dun centro hospitalario obsoleto, deteriorado e sen espazo para unha atención de calidade así como unha reforma integral da parte existente para garantir a seguridade do persoal do centro e a dos veciños e veciñas que cada día acoden ao centro hospitalario.

Exit mobile version