Site icon Crónica3.com A Mariña

Cita coa cultura propia esta semana en San Cibrao da man dos Aventados

San Cibrao, 2 de agosto de 2015.- A segunda semana de agosto é, dende hai trinta anos, unha cita coa Maruxaina, unha serea que forma parte das lendas propias de Illas San Cypruianus (denominación cartográfica antiga).

Os Aventados queren contribuír á recuperación do substrato cultural da cita declarada de Interese Turístico para Galicia, precisamente pola confluencia entre tradición popular e festa agosteña.

Á exposición de murais e pezas de sereas do Premio Nacional de Artesanía 2011, Otero Regal, únense a próxima aparición do libro cuxos autores: Regal, Rivas e Mosquera, ilustran o mundo máxico das sereas, intimamente relacionado coas illas.

Este xoves 6 de agosto, terceira cita coas charlas. Esta vez a cargo de Vicente Míguez. Escritor, mestre, mariñeiro ao Gran Sol, investigador de costumes e singladuras propias da nosa costa “máis ao norte”. Ás 19 horas no Museo Provincial do Mar de San Cibrao, “Contos e cantos de sereas”.

Exit mobile version