Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausura ximnástica con gala de exhibición

ximnasia-indecumAs 22 rapazas que participaron no Campus de Ximnasia Rítmica Porta Norte-Imdecum a semana pasada en Ribadeo despediron o clínic o sábado cunha gala de exhibición no pavillón municipal.

Tras dar unha excelente mostra do aprendido durante os cinco días do campus, as ximnastas recibiron candansúa medalla e diploma acreditativo de mans de representantes do Concello de Ribadeo e da coordinadora da cita, Nelly Bouso, nun acto no que a Fundación Imdecum estivo representada por Juanma Marrube.

Actividades con ximnasia rítmica, ballet, baile moderno, danza española, ximnasia estética e expresión corporal, pero tamén obradoiros de maquillaxe, elaboración de indumentaria para bailes, manualidades, excursións… completaron o programa do clínic de ximnasia rítmica, toda unha referencia na axenda deportiva da Mariña, que despois organizarse varias edicións en Burela trasladou a súa sede a Ribadeo en 2015.

Exit mobile version