Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausurado o “Ludiverán 2015” no Valadouro

ludiveran 2-O Valadouro, 31 de agosto de 2015.- Este luns clausurouse no salón de actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” o campamento de verán LUDIVERÁN 2015 ó que asistiron o Alcalde-Presidente do concello de O Valadouro, don Edmundo Maseda Maseda, e o concelleiro delegado de Cultura, Normalización Lingüística e Obras, Don Eduardo Chao González.

Este acto consistíu, un pouco, en facer balance, das actividades desenroladas no campamento, agradecer o gran número de participantes que se inscribiron, o esforzo que supón para un concello pequeno como é o do Valadouro sacar unha adiante unha actividade desta liña na que se apuntaron 96 rapaces entre 3 e 12 anos e que puideron disfrutar dunhas actividades variadas todos días laborables entre as 10:00horas e as 13:00h. desde o 29 de xuño e o 31 de agosto.

Os rapaces levaron un diploma de participación no campamento de verán LUDIVERÁN 2015.

Asiduamente os alumnos diarios que participaban no campamento rondaba os 60 e disfutaban dunha maña de relacións socio-culturais cos demáis rapaces así como dos distintos talleres dos que consistía a actividade. Entre outras actividades aprenderon a bailar zumba, a cociñar cousiñas prácticas, a xogar como antaño con xogos tradicionais, pequeñas excursións para recoñecer o medio, … pero tamén puideron disfrutar de pequenas festas de lecer e de convivencia entre os nenos e nenas do val. Entre esas festas estaban a festa de Entroido ou a festa da auga.

Realizaron actividades lúdicas individuais e de grupo favorecendo distintas relacións de respecto entre as persoas participantes evitando así a discriminación racial e ou social. Enriquecéronse as capacidades e habilidades dos nenos e nenas erradicando, na medida do posible, a visión tradicional de “xogos de nenos” e “xogos de nenas” para que lles sirva na súa vida adulta conseguindo que as persoas sexan máis autosuficientes, tolerantes, con respecto, xustiza e igualdade.

Estas actividades son moi agradecidas xa, non solo polos alumnos participantes, senón tamén polos propios pais e avós dos nenos participantes que puideron disfrutar de horas de respiro familiar para poder facer as súas tarefas ou mesmo para poder traballar sen as preocupación de con quen deixar os fillos ou nenos e sabendo ó mesmo tempo que ian estar ben atendidos e, se cabe, aprender cousiñas novas.

Exit mobile version