Site icon Crónica3.com A Mariña

Coincidindo co San Bartolo, feira de gando en Monte

O vindeiro luns, 24 de agosto, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional FEIRA DE GANDO vacuno e cabalar en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas.

A organización deste inmemorial evento corre a cargo da Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

O programa da Feira é o seguinte:
-10.00 horas: recepción do gando no Campo da Feira.
-13.00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.
-13.30 horas: sesión Vermú co “DUO CARAMELO”.
-17.30 horas: verbena co “DUO CARAMELO”.

No que respecta ao Concurso Gandeiro que se vai celebrar pola mañá, vai haber dúas modalidades cos seguintes premios:

a) Concurso de “Maior número de reses vacunas na Feira”:
1º premio: 120 €uros
2º premio: 90 €uros.
3º premio: 60 €uros.

b) Concurso de “Maior número de reses cabalares na Feira”:
1º premio: 120 €uros
2º premio: 90 €uros.
3º premio: 60 €uros.

Nestas dúas modalidades só poderán participar explotacións que non sexan da parroquia de Monte co obxectivo de potenciar a participación e presencia de gandeiros de fóra na feira.

Dentro do programa tamén se inclúe PREMIOS AOS MELLORES EXEMPLARES:
-Mellor vaca: 80 €uros.
-Mellor touro: 80 €uros.
-Mellor besta: 80 €uros.
-Mellor cabalo: 80 €uros.

Como en anos anteriores, para aqueles que desexen xantar no lugar, na feira vai haberá varios postos con comida (pulpo, churrasco, panadería, etc.).

Comunidade de Veciños Costa de Laxamoura.

Exit mobile version