Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza unha acción formativa sobre “Deseño e elaboración de mobles artesanais” na Asociación A Mariña

A acción formativa “Diseño e elaboración de mobles artesanais” dará comezo este martes 1 de setembro na Asociación A Mariña co financiamento do Fondo Social Europeo e da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

A presentación realizarase ás 10.00 horas no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela, pola Directora Técnica Xeral da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”, Dona. Mª José Nóvoa, quen destacará como obxetivo xeral a mellora da empregabilidade das persoas con enfermidade mental crónica, en grave risco de exclusión social.

Ó mesmo tempo, tamén explicitará os obxetivos específicos a conquerir con esta acción formativa como son: adquisición de habilidades sociais, mellora de hábitos prelaborais como a puntualidade, compromiso, orden e limpeza…. Sen esquecernos da parte máis importante: a adquisición de formación básica e de tipo laboral específica, adaptada ás súas necesidades, a adquisición de conceptos sobre diseño de mobles co empego de materiais tan novedosos e de moda como son os palets.

Esta acción formativa contribúe significativamente á inclusión social das persoas con enfermidade mental, dotándoas de novos coñecementos que facilitan a súa integración social e o avance na súa integración laboral, desterrando prexuízos fortemente arraigados na sociedade que nos rodea.

Nesta primeira xornada, ademáis de explicar o contido e obxetivos da acción formativa, os monitores encargados de desenvolver a mesma comezaron por avaliar os coñecementos previos dos participantes e as súas necesidades e expectativas, en relación á formación que van a recibir nos próximos meses.

“Espero que con esta acción formativa que abarcará ata o 28 de xaneiro do próximo ano, se cumpran as expectativas de tódolos participantes”, apunta María José Nóvoa, Directora Técnica Xeral de “A Mariña”.

Exit mobile version