Baixo a dirección de David Ballester Martínez, no escenario do Cine Teatro tocaron en primeiro lugar varios grupos de instrumentistas por separado e despois actuaron todos xuntos para interpretar pezas como Lela ou El fantasma de la ópera.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ao completo ofrecerá un concerto este domingo 16, ás 13.30 horas na rúa San Roque con motivo da celebración das festas no honra do patrón da vila ribadense.