Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG Burela critica ó Grupo Municipal de Goberno por non aprobar as prometidas medidas de emprego no pleno do 30 de xullo

Burela, 4 de agosto de 2015.- Xa é costume que o Sr. Llano prometa unha cousa e, ou non faga nada ou faga o contrario. E moi doado alardear de transparencia e de participación, e nos preguntamos donde están os feitos, falar é barato. O PSOE deixou o pleno sen competencias, non aceptou ningunha proposta de Compromiso sobre transparencia: enviar información os veciños, artellar participación cidadá nos plenos, emitir pola radio os plenos, publicación das actas e crear unhas bases de contratación. A todo isto o PSOE dixo non. ¿Cal é a transparencia e a participación de Llano?

Nesta mesma liña de acción de goberno (que pasen os días, e mentras cobramos) celebrouse un Pleno o día 30 de xullo. CxG denuncia que nun concello de case que 10.000 habitantes non era necesario pagar a asistencia a un Pleno tan baleiro de contido. Neste primeiro pleno ordinario, era de recibo aprobar as primeiras medidas de emprego, non porque o diga CxG senón proque o propio Sr. Llano dixo o 13 de maio: “o emprego é a nosa maior prioridade” as probas din que é mentira Sr. Llano. Neste senso dende CxG propoñemos:

1. Que unha comisión composta por Concello, grupos políticos, axentes sociais e a universidade estude e redacte un plan de dinamización da contratación en Burela.
2. Que na elaboración dos Orzamentos se adique unha partida á compra dunha instalación axeitada para un viveiro de empresas. CxG e consciente de que en Burela temos o sitio axeitado a un precio asequible.

Tristemente asistiremos a unha lexislatura sen grandes pasos para Burela, seguindo a cola da Mariña en dotacións e politicas activas. Agora ben, sabemos que festas e fotos non van a faltar. “pan e circo” era a política romana, aquí pan non e o circo sen animales.

Exit mobile version