Agora ben, o que xa non compartimos é a dobre moral do Sr. Llano, é dicir que pretenda agora enganar os veciños, cando el non fixo nada mentres puido:
1. O PSdeG gobernou a Deputación 8 anos e non investiu moito neste vial.
2. Os últimos 4 anos o Sr. Llano era membro deste goberno provincial e nunca demandou o arranxo; pero todos os veciños coñecen o estado da estrada en este período.
Sr. Llano dende CxG Burela apoiamos a súa iniciativa, pero quereremos
publicamente denunciar que temos claro que é unha política de escaparate que non conduce a ningures, solo a un intento do seu lucemento.
Dado que vostede demostra un “importantísimo” interese na seguridade vial demandamos que non reclame tanto e traballe, que arranxe o Camiño do Tallo, xa que este si conleva un risco inminente para os nosos veciños. Tanto no tráfico rodado como no peonil. Podendo os nenos incluso acceder á vía do ferrocarril sen problema. Agora Sr. Llano é vostede o responsable de que non pase nada, aquí non vale que a culpa sexa doutro.