Site icon Crónica3.com A Mariña

Detidos en Burela 4 presuntos autores dun delito contra a saúde pública

gc-burelaA Garda Civil detén na localidade de Burela a 4 persoas integrantes dunha banda organizada como supostos autores dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de venda de sustancias estupefacientes.

Esta operación iníciase a principios do presente ano tras ter coñecemento de que supostamente se están comercializando sustancias estupefacientes nunha vivenda situada no término municipal de Burela, iniciándose unha investigación por parte do EDOA e o EFICO da Comandancia da Garda Civil de Lugo que dá como resultado a detención de 4 veciños de Burela, con idades comprendidas entre os 24 e 35 anos de idade.

Nesta primeira fase de explotación realízanse dous rexistros domiciliarios incautándose nos mesmos 570 euros en metálico en billetes de diferente valor, 2 pistolas de aire comprimido, 300 gramos dunha sustancia, supostamente hachís distribuída en 30 bellotas de 10 gramos cada unha, 3,3 gramos dunha sustancia, supostamente MDMA, 2 teléfonos móbiles e 2 tablets, entre outros obxectos.

A operación continúa aberta non descartando futuras detencións no marco desta investigación policial.

As persoas detidas foron postas a disposición xudicial.

Exit mobile version