Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous novos cursos para nen@s na aula CeMIT de Burela

Burela, 10 de agosto de 2015. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela comezará 2 cursos na vindeira semana.

O mércores, 19 de agosto, iniciaranse 2 novos cursos dirixidos a nenas e nenos de entre 9 e 12 anos. Ambos terán unha duración de 12 horas, impartiranse de luns a venres e finalizarán o 4 de setembro.

O primeiro deles será unha nova edición do curso Mecanografía para nenas e nenos, no que se amosará a correcta posición das mans á hora de escribir nun computador. Os rapaces realizarán diferentes leccións que consistirán na repetición dunha serie de letras para adquirir certa axilidade. Empregarase un programa libre para esta fin. O horario será de 10.00 a 11.00 horas.

O segundo será tamén unha nova edición do curso Creación de carteis e postais para nenas e nenos. Con este curso os rapaces aprenderán a realizar carteis e postais mesturando texto, imaxes e formas a través do programa libre Draw incluído no paquete ofimático LibreOffice. O horario do curso será de 11:00 a 12:00 horas.

Estes dous cursos súmanse aos catro cursos que se están impartindo nestes momentos na Aula CeMIT de Burela.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sito Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/ ou na dirección de correo: cemit.burela@xunta.es.

Exit mobile version