Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas mozas de Ribadeo crean “MandaRita”, unha firma de moda que vai “máis alá”

_FAR1032Ribadeo, 26 de agosto de 2015.- Dúas mozas galegas de Ribadeo, con ganas dun futuro digno, decidiron tomar as rendas da súa vida profesional deixando de lado a crise. Natalia Moledo e Luzía Pérez embarcáronse na aventura de crear a súa propia marca de roupa: MandaRita. Ambas as dúas, formadas na prestixiosa escola de patronaje e deseño Goymar, na Coruña, recibiron clases dos mellores profesores de Galicia, traballaron en comercio e nos departamentos de deseño de grandes empresas galegas para conseguir os coñecementos e a experiencia para crear a súa propia firma.

Meses de traballo sen descanso, visitas a provedores para elixir os materiais, horas fronte ao ordenador facendo que os deseños sexan perfectos: “O esforzo económico e psicolóxico é moi grande. Hai que estar seguro do que se quere facer e da quen unirte, asegura Moledo que, dende que decidiron crear a empresa non pararon de traballar ata ver os primeiros froitos. “A acollida está a ser moi boa, xente de moitos lugares de España interesouse polas nosas pajaRitas e agora, coas camisetas e os suadoiros foi incrible, esgotáronsenos talles e modelos a primeira semana”, coméntanos Luzía satisfeita.

A frescura de MandaRita
“Son deseños orixinais. Queriamos algo de moda pero que fose máis alá”. Así definen ambas as dúas MandaRita. A marca nace da idea de satisfacer necesidades, de crear pezas únicas que a xente leva a diario pero dun xeito diferente, “todo o mundo leva suadoiros e camisetas, pero nós queriamos darlle unha volta, que o deseño e o noso selo fixesen que non sexan pezas de facer deporte, senón algo que che apeteza poñerte a diario” asegura Natalia.

Dende pinceladas mariñeiras ata iconas doutra época como Marisol e Joselito foron fonte de inspiración para a creación das pezas. A clave para elas é deseñar pezas que nós utilizariamos. Somos moi diferentes, Luzía é máis clásica e eu mais transgresora e iso fixo que a nosa colección guste a persoas moi diferentes”, comenta Natalia.

Dende Ribadeo para o mundo
Polo momento, non teñen tenda física xa que non queren centrarse na venda nun lugar concreto. Venden a través das redes sociais e moi pronto pola súa tenda online. Xa teñen pedidos de diferentes tendas multimarca de Galicia e España onde queren vender os seus deseños, pero é algo que non estará pechado ata finais de setembro coa colección de inverno.

Os deseños destas dúas mozas da Mariña conquistan corazóns por toda a xeografía española.

Exit mobile version